Hoxe, 31 de xullo de 1588 tras unha dura batalla no Canal da Mancha, a flota española foi derrotada pola flota inglesa. Dita batalla coñécese co nome da Armada Invencible.
O rei Felipe II de España crea a Armada Invencible para destituír á raíña Isabel I de Inglaterra do trono e recuperar así o seu reino para o catolicismo, pois Isabel I fustrigaba ao comercio español con América apoiando a piratería marítima.
Felipe II decide tomar Inglaterra. A Armada Invencible sae do porto de A Coruña, formada por 127 barcos dos cales case a metade non conseguiron voltar.
Chegan a Inglaterra, os ingleses tiñan artillería de longo alcance e os españois non puideron loitar con abordaxes. Ainda que España era superior en barcos e homes, Inglaterra era superior maniobrando os seus galeóns con axilidade. Tras o sufrimento español, estes saen derrotados e, os que puideron sobrevivir, avanzan cara o Mar do Norte, bordeando as illas Británicas, para voltar a España.
O triunfo de Inglaterra supón que este país se convirta na maior potencia marítima e que o anglicanismo se confirme como a relixión oficial de Inglaterra, lexitimando a Isabel I como monarca incuestionable do país.

Máis información en:






