O policoralismo veneciano chegou para quedarse
Onte tivemos a oportunidade de desfrutar da composición Sacrae Symphoniae de Giovanni Gabrieli. O concerto tivo lugar na Basílica de San Marcos, Venecia. Gracias á arquitectura e ao fenómeno acústico da basílica e posto que as distintas cúpulas creaban campos de reverberación en puntos concretos da mesma puidemos presenciar un novo estilo que sen dúbida deixará unha gran pegada na historia da música.
O policoralismo veneciano involucra coros ou conxuntos de instrumentos separados espacialmente que se alternan entre sí á hora de interpretar distintas pezas. Según nos confesou Giovanni Gabrieli “Mentres presenciaba unha das misas que se celebran semanalmente ocorréuseme que podería empregar as particularidades arquitectónicas da basílica para crear unha nova técnica musical”, ademais dado á súa amplia experiencia coma organista durante as décadas de 1580 e 1590 Gabrielli coñece mellor ca ninguén todos os segredos e curiosidades da construción.
Tras recibir unha invitación persoal para asistir á première, decidimos que este sería un bo momento para facer unha crítica sobre o traballo de Gabrieli, xa que tras dez anos sen publicar nada, esta prometía ser unha ocasión irrepetible. Algúns medios atribúen a ausencia de Gabrielli durante a derradeira década á repentina morte de Andrea Gabrielli envolta nun halo de misterio e intriga. As nosas sospeitas confirmáronse cando ao preguntarlle ao compositor sobre a fonte de inspiración da obra, este, non sen antes dubidar, declarou que a Sacrae Symphoniae era unha obra adicada en todo o seu esplendor ao seu defunto tío, que en vida fora un dos seus piares fundamentais e un dos seus maiores apoios cando este decidiu que a súa paixón era a música. Posto que ambos compartían os mesmos intereses, pasaban a maior parte do seu tempo xuntos en Venecia, onde ambos tiñan a súa residencia. Despois de escoitar as súas declaracións entramos na basílica dispostos a presenciar esta obra singular. O interior da mesma estaba repleto de xente e de caras coñecidas da alta sociedade veneciana, tras tomar asento e deixar a mente en blanco dispuxémonos a desfrutar da peza.
Ao rematar de escoitar a composición sentimos o que Gabrieli desexaba expresar a través dela, e comprendimos as súas palabras. A pesar de que a morte do seu tío, Andrea Gabrielli, supuxera un gran impacto na súa vida, el quería recordalo como a persoa alegre e vivaz que sempre fora. Resulta chocante dado que ambos compositores foron educados nun ambiente católico, e posto que o catolicismo sempre estivera presente na maioría das súas obras, pero Giovanni negábase a aceptar que a morte o ía a afastar do seu tío e interpretou a repentina inspiración que o abordara á hora de compoñer o Sacrae Symphoniae como unha chamada celestial, unha seña de que o seu tío alcanzara o ceo.
Se tiveramos que destacar algo en concreto diríamos que para nós o motete titulado Hodie Christus natus est (Cristo naceu hoxe), foi unha das pezas máis emotivas da composición en xeral. Trátase dun Canto Gregoriano de carácter festivo que se interpreta no Nadal, que se compón dun coro de homes e mulleres que cantan unha melodía en latín, o comezo desta é alegre e a melodía vaise facendo máis suave cara o final da mesma. Esta peza conforma xunto a dezaseis cancións e sonatas e corenta e catro motetes máis a xa coñecida Sacrae Symphoniae.
Vaticinamos que o policoralismo veneciano será, sen lugar a dúbidas, un gran éxito nos próximos anos e unha marabillosa herdanza para xeracións futuras. Unha vez máis, Giovanni Gabrieli, fai historia.
+ Links
Estilo Policoral Veneciano Wikipedia
