Hoxe 23 de novembro de 1677 desprazámonos ata Padua, lugar onde fai uns días, o 11 de novembro, morreu a famosa cantante e compositora italiana Barbara Strozzi. Este tráxico suceso produciuse ao pouco de chegar ela á cidade e a causa dunha enfermidade que ela padecía.
Falamos con algúns coñecidos e familiares da falecida para coñecer máis información e datos relevantes sobre a súa vida.
O máis probable é que Barbara fora adoptada. Naceu o 6 de agosto de 1619 na casa de Giulio Strozzi, un poeta en Venecia, quen lle regalou a posibilidade de acceder á cultura. A súa nai, Isabella Garzoni, era unha das servas. Giulio ademáis de darlle unha boa educación á súa filla empeñouse tamén en facer dela unha importante intérprete e compositora.
Cóntannos tamén os sucesos que a fixeron chegar ata o cume: Giulio levou a Barbara a participar en grupos de discusión intelectuais coñecidos como Academias. Cando o talento musical da moza era evidente, seu pai arreglou co compositor de ópera líder do momento, Francesco Cavalli, para que se convertira no seu mestre. Desenrolou unha sobresainte voz de canto.
En 1637, Strozzi fundou a súa propia academia, chamada Academia Degli Unisoni, onde os talentos de Barbara como cantante e instrumentista e a súa beleza eran atraccións importantes. Era coñecida polo seu intelecto, aprendizaxe e inxenio, e presidiu as reunións, nombrando aos suxeitos a debatir durante a noite. Un ano máis tarde, a Academia publicou un relato das reunións celebradas polo grupo durante o ano anterior.
Barbara, a miúdo, escribía a súa música, era de amor, poesía con bromas, letras irónicas. O seu uso da forma musical é moi flexible, adaptándose ás esixencias do texto, movéndose hábilmente entre recitativo, Arioso, e Aria nas obras máis longas, como as cantatas. O seu xénero predilecto foi a cantata.
Un dos feitos máis relevantes na súa vida, explícannos, é que, en 1644, publicou a primeira das súas oito publicacións, un volume de madrigais sobre os textos de Giulio Strozzi , dedicados á gran duquesa de Toscana. Publicou unha segunda publicación, de cantatas, ariettas e duetos en 1651. O ritmo da súa publicación aumentou despois de que Giulio Strozzi morrera. As súas dedicacións nos seus libros adicionais de música vocal incluen varios royalties, incluíndo o emperador Fernando II de Austria.
Falamos tamén cos catro fillos que tivo e eles mesmos cóntannos como foi a súa maternidade. Nunca se casou. Din que se considera probable que o pai de polo menos tres deles fora Giovanni Paolo Vidman, un amigo de Giulio.
O seu último volume publicado apareceu fai trece anos, cando se coñece tamén que se produciu un grupo de cancións para Carlo II, duque de Mantua.
A partir de entón, pouco saben os seus familiares dela. Dende 1652, ano no que morreu seu pai, ata a actualidade, ano no que desaparceu e morreu, pensase que continuou cantando e compoñendo grazas á protección dos reis e aristócratas.
A maioría das obras que nos facilitaron os seus familiares son cantatas para soprano solista e baixo continuo, polo que é posible que foran escritas para ser interpretadas por ela mesma. Bárbara Strozzi chegou a publicar oito volúmes de obras, incluíndo máis cantatas que calquera outro composito do século XVII.
Esta inigualable muller, Bárbara Strozzi, sempre quedará nas nosas lembranzas e nas de todos aqueles que escoitaban a súa música.
[+ info]
La gran dama de la cantata barroca
Sus partituras, álbumes y trabajos
