MOZART LANZA OUTRO CONCERTO PARA PIANO

Actualmente, o compositor, pianista e músico austríaco máis popular do momento Wolfgang Amadeus Mozart non deixa de sorprendernos coa cantidade de pezas que compón. Hoxe falaremos do seu último concerto.

O pasado 10 de marzo, de 1785 puidemos apreciar a chegada dun novo concerto do increíble compositor Wolfgang Amadeus Mozart, o Concerto para piano número 21, nunha tonalidade en do maior, estreado un día despois de ser completado.

Inagurouse no Burgtheatrer, na cidade de Viena, con Wolfgan como pianista. Despois de ter escoitado esta peza, calificarémolo como concerto militar, pois posúe un carácter marcial e militar nalgunhas das súas partes, propio da guerra ou do exército especialmente no movemento de abertura, por outra parte, a obra ten unha gama altísima de estados de ánimo,e presenta unha abundancia notable de temas, xunto co bó gusto melódico e armónico do compositor.

Puidemos falar con xente do público que coma nós, tivo esta sorte de poder asistir ao concerto e, comentáronnos que ten tres movementos típicos deste periodo clásico: comeza co “Allegro mestoso”, un movemento rápido, que comeza cunha marcha calmada e tranquila, coas cordas altas e os ventos-madeira a modo de resposta para as cordas baixas, pero remata sendo rápido e axitado; o segundo, o “Andante” que iníciase no minuto catorce e é un movemento moito máis lento, que posúe breves momentos de tristeza, pero en xeral ten un ton máis brillante e calmado; o terceiro, o “Allegro vivace assai”, ao redor do minuto vinte e que volve a ser rápido, alborotado e saltarín, e que finaliza cunha nota triunfante.

Según os medios, o movemento que ten mais repercusión e o que máis gusta é o segundo, e moita películas, queren aproveitar esta oportunidade do compositor para engadilas nas súas bandas sonoras.

Ademais de para o piano solista, neste caso tocado polo propio compositor, esta gran peza esta orquestrada para unha frauta, oboes, fagotes e trompas (todos estos en pares) e timbais e cordas.

A continuacion, falaremos con Wolfgang Amadeus Mozart para comentar un pouco a súa peza.

ENTREVISTA:

P: Bos días, Mozart. Benvido.

Mozart: Un placer estar aquí.

P: Ben, contanos, de que trata este concerto, ten algún significado?

M: Despois de moito pensalo, decidín facer unha especie de estilo de chamada e resposta, entre o piano, que actúa como protagonita, e o resto da orquesta, que despois de tocar as suás partes, vaille respondendo.

P: E ben, inspiracheste en algo para facer esta obra?

M: Quería facer algo que impresionara ao público, algo que despertara neles os seus sentimentos e emocións, xogando a vez co dominio de recursos que ofrece a orquesta nesta peza.

P: Cal é o teu movemento preferido?

M: Mmm…Unha pregunta realmente complicada. Non podería escoller un,pero se teño que facelo,penso,que o que máis me emociona e o que máis lle gusta en xeral a todos é o segundo movemento. Dinme que nas futuras xeracións será un dos máis coñecidos da miña proucción musical e que ata se chegará a usar en bandas sonoras,que se farán cancións inspiradas neste movemento e que se farán coreografías con esta peza de fondo. Oxalá algún día todo isto suceda, sería un gran soño para calquera compositor!

P:Espero que de aquí en adiante sigas tendo tantos éxitos ou incluso máis.Non te entreteño máis,un placer falar con ustede.

M: O placer é meu.Ata sempre!

[+ info]

Wikipedia conciero número 21 de Mozart

Mozart: Concierto para piano N° 21

Concierto para piano nº 21 en Do Mayor, Andante