O novo estilo que está revolucionando Venecia

O policoralismo veneciano chegou para quedarse

Onte tivemos a oportunidade de desfrutar da composición Sacrae Symphoniae de Giovanni Gabrieli. O concerto tivo lugar na Basílica de San Marcos, Venecia. Gracias á arquitectura e ao fenómeno acústico da basílica e posto que as distintas cúpulas creaban campos de reverberación en puntos concretos da mesma puidemos presenciar un novo estilo que sen dúbida deixará unha gran pegada na historia da música.

O policoralismo veneciano involucra coros ou conxuntos de instrumentos separados espacialmente que se alternan entre sí á hora de interpretar distintas pezas. Según nos confesou Giovanni Gabrieli “Mentres presenciaba unha das misas que se celebran semanalmente ocorréuseme que podería empregar as particularidades arquitectónicas da basílica para crear unha nova técnica musical”, ademais dado á súa amplia experiencia coma organista durante as décadas de 1580 e 1590 Gabrielli coñece mellor ca ninguén todos os segredos e curiosidades da construción.

Tras recibir unha invitación persoal para asistir á première, decidimos que este sería un bo momento para facer unha crítica sobre o traballo de Gabrieli, xa que tras dez anos sen publicar nada, esta prometía ser unha ocasión irrepetible. Algúns medios atribúen a ausencia de Gabrielli durante a derradeira década á repentina morte de Andrea Gabrielli envolta nun halo de misterio e intriga. As nosas sospeitas confirmáronse cando ao preguntarlle ao compositor sobre a fonte de inspiración da obra, este, non sen antes dubidar, declarou que a Sacrae Symphoniae era unha obra adicada en todo o seu esplendor ao seu defunto tío, que en vida fora un dos seus piares fundamentais e un dos seus maiores apoios cando este decidiu que a súa paixón era a música. Posto que ambos compartían os mesmos intereses, pasaban a maior parte do seu tempo xuntos en Venecia, onde ambos tiñan a súa residencia. Despois de escoitar as súas declaracións entramos na basílica dispostos a presenciar esta obra singular. O interior da mesma estaba repleto de xente e de caras coñecidas da alta sociedade veneciana, tras tomar asento e deixar a mente en blanco dispuxémonos a desfrutar da peza.

Ao rematar de escoitar a composición sentimos o que Gabrieli desexaba expresar a través dela, e comprendimos as súas palabras. A pesar de que a morte do seu tío, Andrea Gabrielli, supuxera un gran impacto na súa vida, el quería recordalo como a persoa alegre e vivaz que sempre fora. Resulta chocante dado que ambos compositores foron educados nun ambiente católico, e posto que o catolicismo sempre estivera presente na maioría das súas obras, pero Giovanni negábase a aceptar que a morte o ía a afastar do seu tío e interpretou a repentina inspiración que o abordara á hora de compoñer o Sacrae Symphoniae como unha chamada celestial, unha seña de que o seu tío alcanzara o ceo.

Se tiveramos que destacar algo en concreto diríamos que para nós o motete titulado Hodie Christus natus est (Cristo naceu hoxe), foi unha das pezas máis emotivas da composición en xeral. Trátase dun Canto Gregoriano de carácter festivo que se interpreta no Nadal, que se compón dun coro de homes e mulleres que cantan unha melodía en latín, o comezo desta é alegre e a melodía vaise facendo máis suave cara o final da mesma. Esta peza conforma xunto a dezaseis cancións e sonatas e corenta e catro motetes máis a xa coñecida Sacrae Symphoniae.

Vaticinamos que o policoralismo veneciano será, sen lugar a dúbidas, un gran éxito nos próximos anos e unha marabillosa herdanza para xeracións futuras. Unha vez máis, Giovanni Gabrieli, fai historia.

+ Links

Estilo Policoral Veneciano Wikipedia

Giovanni Gabrieli Wikipedia

Sacrae Symphonieae Wikipedia

MORRE A CANTANTE MÁIS VIRTUOSA DO MOMENTO

Hoxe 23 de novembro de 1677 desprazámonos ata Padua, lugar onde fai uns días, o 11 de novembro, morreu a famosa cantante e compositora italiana Barbara Strozzi. Este tráxico suceso produciuse ao pouco de chegar ela á cidade e a causa dunha enfermidade que ela padecía.

Falamos con algúns coñecidos e familiares da falecida para coñecer máis información e datos relevantes sobre a súa vida.

O máis probable é que Barbara fora adoptada. Naceu o 6 de agosto de 1619 na casa de Giulio Strozzi, un poeta en Venecia, quen lle regalou a posibilidade de acceder á cultura. A súa nai, Isabella Garzoni, era unha das servas. ​Giulio ademáis de darlle unha boa educación á súa filla empeñouse tamén en facer dela unha importante intérprete e compositora.

Cóntannos tamén os sucesos que a fixeron chegar ata o cume: Giulio levou a Barbara a participar en grupos de discusión intelectuais coñecidos como Academias. Cando o talento musical da moza era evidente, seu pai arreglou co compositor de ópera líder do momento, Francesco Cavalli, para que se convertira no seu mestre. Desenrolou unha sobresainte voz de canto.

En 1637, Strozzi fundou a súa propia academia, chamada Academia Degli Unisoni, onde os talentos de Barbara como cantante e instrumentista e a súa beleza eran atraccións importantes. Era coñecida polo seu intelecto, aprendizaxe e inxenio, e presidiu as reunións, nombrando aos suxeitos a debatir durante a noite. Un ano máis tarde, a Academia publicou un relato das reunións celebradas polo grupo durante o ano anterior.

Barbara, a miúdo, escribía a súa música, era ​de amor, poesía con bromas, letras irónicas. O seu uso da forma musical é moi flexible, adaptándose ás esixencias do texto, movéndose hábilmente entre recitativo, Arioso, e Aria nas obras máis longas, como as cantatas. ​O seu xénero predilecto foi a cantata.

Un dos feitos máis relevantes na súa vida, explícannos, é que, en 1644, publicou a primeira das súas oito publicacións, un volume de madrigais sobre os textos de Giulio Strozzi , dedicados á gran duquesa de Toscana. Publicou unha segunda publicación, de cantatas, ariettas e duetos en 1651. O ritmo da súa publicación aumentou despois de que Giulio Strozzi morrera. As súas dedicacións nos seus libros adicionais de música vocal incluen varios royalties, incluíndo o emperador Fernando II de Austria.

Falamos tamén cos catro fillos que tivo e eles mesmos cóntannos como foi a súa maternidade. Nunca se casou. Din que se considera probable que o pai de polo menos tres deles fora Giovanni Paolo Vidman, un amigo de Giulio.

O seu último volume publicado apareceu fai trece anos, cando se coñece tamén que se produciu un grupo de cancións para Carlo II, duque de Mantua.

A partir de entón, pouco saben os seus familiares dela. Dende 1652, ano no que morreu seu pai, ata a actualidade, ano no que desaparceu e morreu, pensase que continuou cantando e compoñendo grazas á protección dos reis e aristócratas.

A maioría das obras que nos facilitaron os seus familiares son cantatas para soprano solista e baixo continuo, polo que é posible que foran escritas para ser interpretadas por ela mesma. Bárbara Strozzi chegou a publicar oito volúmes de obras, incluíndo máis cantatas que calquera outro composito do século XVII.

Esta inigualable muller, Bárbara Strozzi, sempre quedará nas nosas lembranzas e nas de todos aqueles que escoitaban a súa música.

[+ info]

Wikipedia Barbara Strozzi

La gran dama de la cantata barroca

Sus partituras, álbumes y trabajos

O famoso oratorio que fixo vibrar ao mundo

A Revolucionaria obra de Händel que marcou un antes e un despois na súa vida

Malia pasar un ano da maxestuosa e gran estrea (en Dublín) da sonada obra “Hallelujah” , do compositor xermano-británico Händel, o seu oratorio (composto en 1741) sigue a ser unha das composicións máis influentes da época.

O Hallelujah” é un oratorio que se divide en tres partes, de carácter relixioso, que tratan da vida de Xesús e das diferentes fases (nacemento, paixón, morte e resurrección) con unha música e letra diferentes para cada fragmento; como apreciamos abraiados nas dúas ocasións nas que puidemos asistirá obra do compositor.

Ten unha duración de dúas horas, con unhas partituras que suman en total 260 páxinas. Son interpretadas por un coro mixto (de homes e mulleres profesionais) con distintas tesituras de voces e cun imprescindible acompañamento instrumental que lle da case todo o sentido a esta obra mestra.

Esta peza, que pasou a ser a máis coñecida do compositor, foi a que lle permitiu dar o salto ao estrellato. Dalgunha maneira superou, grazas a ela, tódalas dificultades e problemas que levaba ás costas, despois de duros anos dedicados unicamente á música; sen contar co apoio de ninguén, incluso sen o da súa familia, que prefería que fose avogado antes que músico.

A parte disto, contou coa mala sorte, de que ningunha das súas obras anteriores lle fixo triunfar, nin facerlle un oco no complicado mundo da música, cando el, era un granamante desta arte.

Non foi ata o ano 1741, citado anteriormente, cando o compositor acabou, sen el sabelo, o que sería unha das obras máisdestacables e impresionantes do momento, e como ben dixemos, un antes e un despois na vida deste músico apaixoado.

Tanta foi a dedicación que puso Georg Friedrich Händel sobre a súa obra, que a rematou en tan só tres semanas, coa consecuencia de apenas durmir, comer ou relacionarse, dedicándose en corpo e alma ao que finalmente sería a súa mellor obra.

Ao crear “Hallelujah”, conseguiu saír o estado de depresión no que se encontraba, deixou atrás todos os seus problemas económicos, mellorou a súa saúde física e mental e, incluso, xunto coa súa bondade, doou a persoas enfermas moito diñeiro do que obtiña das súas obras. Así o dixo un día cara o público: “Non quero recibir ningún diñeiro por esta obra. Non é miña. Todo o que produza ,que sexa para os enfermos e os presos. Porque eu mesmo fun enfermo e con ela salveime. E fun tamén un preso e con ela libereime.

O seu talento é tanto que outras persoas coma o físico, Isaac Newton, afirma que a súa habilidade para tocar o órgano, do cal é un gran virtuoso, non se trata só da elasticidade que gardan os seus dedos, senón que lle proporciona á música algo que seduce á audiencia.

A estrea de esta obra en Dublín, non foi só un momento para destacar. A obra sí que foi capaz de agradar ao público; sen embargo fixo moito máis que isto. Fixo sentir a música e emocionar aos presentes que alí se encontraban, incluso de producir o que se cría case imposible. Case por un impulso superior, cando a obra chegou á parte dos coros, O Rei Xurxo II, que alí se encontraba, levantouse, realmente emocionado, para seguir a obra erguido e para comezar a aplaudir. Isto produciu unha sucesión de xente imitando o que o rei facía.

Catalogamos entón, dende ese día, a estrea da obra de Händel, como épica, e o Hallelujah en sí, como inaudito.

historia de handel

Hallelujah de Handel

O Mesias a obra maestra

frame (2)