
A Revolucionaria obra de Händel que marcou un antes e un despois na súa vida
Malia pasar un ano da maxestuosa e gran estrea (en Dublín) da sonada obra “Hallelujah” , do compositor xermano-británico Händel, o seu oratorio (composto en 1741) sigue a ser unha das composicións máis influentes da época.
“O Hallelujah” é un oratorio que se divide en tres partes, de carácter relixioso, que tratan da vida de Xesús e das diferentes fases (nacemento, paixón, morte e resurrección) con unha música e letra diferentes para cada fragmento; como apreciamos abraiados nas dúas ocasións nas que puidemos asistirá obra do compositor.
Ten unha duración de dúas horas, con unhas partituras que suman en total 260 páxinas. Son interpretadas por un coro mixto (de homes e mulleres profesionais) con distintas tesituras de voces e cun imprescindible acompañamento instrumental que lle da case todo o sentido a esta obra mestra.
Esta peza, que pasou a ser a máis coñecida do compositor, foi a que lle permitiu dar o salto ao estrellato. Dalgunha maneira superou, grazas a ela, tódalas dificultades e problemas que levaba ás costas, despois de duros anos dedicados unicamente á música; sen contar co apoio de ninguén, incluso sen o da súa familia, que prefería que fose avogado antes que músico.
A parte disto, contou coa mala sorte, de que ningunha das súas obras anteriores lle fixo triunfar, nin facerlle un oco no complicado mundo da música, cando el, era un granamante desta arte.
Non foi ata o ano 1741, citado anteriormente, cando o compositor acabou, sen el sabelo, o que sería unha das obras máisdestacables e impresionantes do momento, e como ben dixemos, un antes e un despois na vida deste músico apaixoado.
Tanta foi a dedicación que puso Georg Friedrich Händel sobre a súa obra, que a rematou en tan só tres semanas, coa consecuencia de apenas durmir, comer ou relacionarse, dedicándose en corpo e alma ao que finalmente sería a súa mellor obra.
Ao crear “Hallelujah”, conseguiu saír o estado de depresión no que se encontraba, deixou atrás todos os seus problemas económicos, mellorou a súa saúde física e mental e, incluso, xunto coa súa bondade, doou a persoas enfermas moito diñeiro do que obtiña das súas obras. Así o dixo un día cara o público: “Non quero recibir ningún diñeiro por esta obra. Non é miña. Todo o que produza ,que sexa para os enfermos e os presos. Porque eu mesmo fun enfermo e con ela salveime. E fun tamén un preso e con ela libereime.
O seu talento é tanto que outras persoas coma o físico, Isaac Newton, afirma que a súa habilidade para tocar o órgano, do cal é un gran virtuoso, non se trata só da elasticidade que gardan os seus dedos, senón que lle proporciona á música algo que seduce á audiencia.
A estrea de esta obra en Dublín, non foi só un momento para destacar. A obra sí que foi capaz de agradar ao público; sen embargo fixo moito máis que isto. Fixo sentir a música e emocionar aos presentes que alí se encontraban, incluso de producir o que se cría case imposible. Case por un impulso superior, cando a obra chegou á parte dos coros, O Rei Xurxo II, que alí se encontraba, levantouse, realmente emocionado, para seguir a obra erguido e para comezar a aplaudir. Isto produciu unha sucesión de xente imitando o que o rei facía.
Catalogamos entón, dende ese día, a estrea da obra de Händel, como épica, e o Hallelujah en sí, como inaudito.
