Primeira representación gráfica de América nun mapa

Por fin hoxe temos noticias do primeiro mapamundi feito por Juan de la Cosa que conten unha representación gráfica de America, neste primeiro ano do século XVI . Este mapa foi feito por encargo dalgun membro poderoso da corte dos Reis Católicos.
Juan de la Cosa, acompañou a Cristobal Colón nas súas viaxes a América, grazas a iso, puido realizar este mapa tan preciso. O mapa é unha obra manuscrita, de 93 cm de alto (norte-sur) por 183 de ancho (leste-oeste), debuxada sobre dúas follas enlazadas de pergamiño de pel de tenreira cosidos a un lenzo resistente. A súa forma non é simétrica xa que a parte occidental corresponde ao pescozo do animal. Está ilustrada con tinta e acuarelas. No mapa sinálanse os ríos, portos e núcleos de poboación. O Novo Mundo aparece na parte superior (en verde), é un dos nomes dados ao hemisferio occidental, máis especificamente ao continente americano. O Vello Mundo na parte central e inferior (en branco), é o nome dado ao territorio que xa era coñecida polos europeos antes do descubrimento de América.